viernes, 3 de mayo de 2013

Día 8: Rexistro e entrada de usuario na plataforma.

Espero que a miña pista servira de axuda e se non foi así, aquí a resolvo. Por fin chegou ante nós o rexistro de usuario tanto para o alumnado como para o profesorado!!! Que por certo, non era sen tempo a verdade pero bueno xa está aquí ante os nosos ollos sen dúbida.

Despois de tanto traballo conseguimos crear o apartado esencial que lle faltaba á plataforma virtual: a entrada  e achega de usuario. Por un lado, e como vemos na imaxe estaría a man esquerda o vínculo de
"Novo rexistro" que permitiría tras o cubrimento dos datos que se piden, acceder á plataforma tanto para a realización da variedade de exercicios propostos como para á proposta e posta en común de exercicios creativos por parte do alumno así como o mandato de MD (mensaxes directos). Analizando máis profundamente cada recadro para darnos de alta como usuario, diremos que:
- Necesítase un nome que conteña exclusivamente de 6 a 12 caracteres, nin un máis nin un menos.
- Unha contrasinal persoal ou password global para o alumnado e para o profesorado(aínda que este teña acceso tamén e en exclusividade como administrador á hora de correxir ou avaliar).
- Como requisitos atoparíase insertar un correo electrónico co fin de comunicar os cambios na plataforma ou a realización das actividades individuais por parte de cada usuario.
- Como é ben sabido, por seguridade, á hora de crear unha conta é necesario propoñer unha pregunta clave para se nun hipotético caso alguén esquece a chave de paso (password) que poida modificala se ningún reparo para poder acceder novamente.
Por último, e unha vez creada a conta (sabendo que se atopa dispoñible tanto o nick do usuario como a contrasinal) tan só deberemos clicar a man dereita da plataforma no recadro que aparece representado na imaxe. Tan simple e tan doado que só fai falta poñer o usuario e maila contrasinal, incluso pódese marcar o vículo de "Recordar" para acceder directamente unha vez inicies sesión no explorador.

Ao fin chegou o día! O noso obxectivo levouse a cabo á perfección máis aínda falta algo...o por en funcionamento de maneira activa. Unha vez que sexa activado, a clase de 5º de Primaria poderá disfrutar dos Temas 1,2,3 dun xeito moito máis animado, entretido e ante todo dotado de aprendizaxe significativo.

Ata aquí chega o noso traballo, mais aínda non rematou pois ao longo da programación diaria desta temática, que pronto comezará a ser impartida na clase, iremos explicando as experiencias do alumnado. Veña, a que esperas? Se che gusta o noso proxecto, séguenos ou ven comparte a través das redes sociais dita idea de como aprender cas matemáticas coas novas tecnoloxías da información e comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario